CONVOCATORIA ASEMBLEA XERAL ORDINARIA 28-07-2024
- Detalles
- Publicado el Martes, 09 Julio 2024 10:23
Estimado socio:
A presente é para convocalo á Asamblea Xeral Ordinaria da Sociedade de Cazadores “A Magdalena”, que se celebrará o vindeiro día 28 de xullo de 2024 (domingo) ás 09:45 h. en primeira convocatoria, e ás 10:00 h. en segunda convocatoria, na Casa da Cultura de Arca, cos puntos a tratar que se detallan na seguinte
ORDE DO DÍA:
- Lectura e aprobación, se procede, da Acta da Asamblea anterior.
- Lectura e aprobación, se procede, do Estado de Contas.
- Aprobación do Plan Anual de Aproveitamento Cinexético para a tempada 2024/25.
- Informes da Presidencia: repoboacións cinexéticas, subvencións, cuarteis para a caza maior,...
- Rogos e preguntas
NOTA: O período voluntario de pago da cota anual remata o día 31 de xullo. A partir desta data aplicarase o recargo establecido.
Sen outro particular, e agradecendo de antemán a súa puntual asistencia, aproveito a ocasión para enviarlle un cordial saúdo.
O Pino, 9 de xullo de 2024
Asdo.: Antonio Suárez Iglesias
Presidente da Xunta Directiva da Sociedade de Cazadores "A Magdalena"