CONVOCATORIA ASEMBLEA XERAL ORDINARIA 10-08-2025
- Detalles
- Publicado el Martes, 22 Julio 2025 10:23
Estimado socio:
A presente é para convocalo á Asamblea Xeral Ordinaria da Sociedade de Cazadores “A Magdalena”, que se celebrará o vindeiro día 10 de agosto de 2025 (domingo) ás 11:15 h. en primeira convocatoria, e ás 11:30 h. en segunda convocatoria, na Casa da Cultura de Arca, cos puntos a tratar que se detallan na seguinte
ORDE DO DÍA:
- Lectura e aprobación, se procede, da Acta da Asamblea anterior.
- Lectura e aprobación, se procede, do Estado de Contas.
- Aprobación do Plan Anual de Aproveitamento Cinexético para a tempada 2025/26.
- Informes da Presidencia: repoboacións cinexéticas, subvencións, reducción dunha mancha (pola fusión das cuadrillas de Arca e Ferreiros) e presentación da nova configuración dos cuarteis.
- Rogos e preguntas
NOTA: O período voluntario de pago da cota anual remata o día 31 de xullo. A partir desta data aplicarase o recargo establecido.
Sen outro particular, e agradecendo de antemán a súa puntual asistencia, aproveito a ocasión para enviarlle un cordial saúdo.
O Pino, 22 de xullo de 2025
Asdo.: Antonio Suárez Iglesias
Presidente da Xunta Directiva da Sociedade de Cazadores "A Magdalena"