LEI DE PROTECCIÓN E BENESTAR DOS ANIMAIS DE COMPAÑÍA
- Detalles
- Publicado el Lunes, 30 Mayo 2016 09:34
O día 11 de xaneiro entrou en vigor a Lei 4/2017, do 3 de outubro, de protección e benestar dos animais de compañía en Galicia (envíoche o texto íntegro no arquivo adxunto), que establece a obrigatoriedade de dar de alta aquelas canceiras particulares nas que residen máis de cinco cans mediante a presentación dunha solicitude, unha memoria descritiva da actividade con fotografías, croquis das canceiras, e un censo dos cans.
Os que teñan ata cinco cans non teñen que facer nada; e aqueles que teñan máis de quince cans deberán dar de alta un núcleo zoolóxico - ou canceira deportiva - coa presentación ademáis da documentación sinalada no párrafo anterior, dun proxecto técnico (asinado por persoal con titulación en exeñería, enxeñería técnica, arquitectura ou arquitectura técnica) e un informe técnico veterinario.