PROXECTO PILOTO PARA O CONTROL DOS DANOS PRODUCIDOS POLO XABARIL

O Grupo de Investigación AF-4 da Universidade de Vigo, baixo a dirección do seu Director D. Enrique Valero, seleccionou ao noso Tecor (xunto co de "Riberas del Tambre") como representativo desta comarca para ensaiar un proxecto piloto para paliar os danos do xabaril nas colleitas.

Este proxecto estará financiado polo programa FEDER e contará tamén coa colaboración do concello do Pino.

As actuacións posibles son as seguintes:

  • Instalación de comedeiros, tanto fixos coma itinerantes
  • Realización de cercados
  • Sinalización
  • Ganchos de apoio

De todas elas, a máis útil parece ser a de esparcir comida para o xabaril polo monte, xa que hai experiencias que demostran que facéndoo dous días á semana se logra un 75 % de reducción dos danos.

 

En canto se empecen a poñer en práctica estas medidas informaremos puntualmente das accións realizadas e dos resultados que se vaian obtendo.