Vedados 2013-2014
Vedado aprobado pola Asemblea Xeral Extraordinaria do 31 de marzo. A zona vedada é a de Budiño.
Estimado socio:
A presente é para convocalo á Asamblea Xeral Ordinaria da Sociedade de Cazadores “A Magdalena”, que se celebrará o vindeiro día 21 de maio de 2023 (domingo) ás 11:30 h. en primeira convocatoria, e ás 12:00 h. en segunda convocatoria, na Casa da Cultura de Arca, cos puntos a tratar que se detallan na seguinte
ORDE DO DÍA:
NOTA: O período voluntario de pago da cota anual remata o día 31 de xullo. A partir desta data aplicarase o recargo establecido.
Sen outro particular, e agradecendo de antemán a súa puntual asistencia, aproveito a ocasión para enviarlle un cordial saúdo.
O Pino, 5 de maio de 2023
Asdo.: Antonio Suárez Iglesias
O día 11 de xaneiro entrou en vigor a Lei 4/2017, do 3 de outubro, de protección e benestar dos animais de compañía en Galicia (envíoche o texto íntegro no arquivo adxunto), que establece a obrigatoriedade de dar de alta aquelas canceiras particulares nas que residen máis de cinco cans mediante a presentación dunha solicitude, unha memoria descritiva da actividade con fotografías, croquis das canceiras, e un censo dos cans.
Os que teñan ata cinco cans non teñen que facer nada; e aqueles que teñan máis de quince cans deberán dar de alta un núcleo zoolóxico - ou canceira deportiva - coa presentación ademáis da documentación sinalada no párrafo anterior, dun proxecto técnico (asinado por persoal con titulación en exeñería, enxeñería técnica, arquitectura ou arquitectura técnica) e un informe técnico veterinario.
O Grupo de Investigación AF-4 da Universidade de Vigo, baixo a dirección do seu Director D. Enrique Valero, seleccionou ao noso Tecor (xunto co de "Riberas del Tambre") como representativo desta comarca para ensaiar un proxecto piloto para paliar os danos do xabaril nas colleitas.
Este proxecto estará financiado polo programa FEDER e contará tamén coa colaboración do concello do Pino.
As actuacións posibles son as seguintes:
De todas elas, a máis útil parece ser a de esparcir comida para o xabaril polo monte, xa que hai experiencias que demostran que facéndoo dous días á semana se logra un 75 % de reducción dos danos.
En canto se empecen a poñer en práctica estas medidas informaremos puntualmente das accións realizadas e dos resultados que se vaian obtendo.
Vedado aprobado pola Asemblea Xeral Extraordinaria do 31 de marzo. A zona vedada é a de Budiño.
© 2023Sociedade de Cazadores A Magdalena | Deseño: Ático I Creativos