Convocatoria Asamblea Ordinaria o 9-8-2026
- Detalles
- Publicado el Martes, 21 Julio 2026 16:10
Estimado socio:
A presente é para convocalo á Asamblea Xeral Ordinaria da Sociedade de Cazadores “A Magdalena”, que se celebrará o vindeiro día 9 de agosto de 2026 (domingo) ás 11:45 h. en primeira convocatoria, e ás 12:00 h. en segunda convocatoria, na Casa da Cultura de Arca, cos puntos a tratar que se detallan na seguinte
ORDE DO DÍA:
- Lectura e aprobación, se procede, da Acta da Asamblea anterior.
- Lectura e aprobación, se procede, do Estado de Contas.
- Aprobación do Plan Anual de Aproveitamento Cinexético para a tempada 2026/27.
- Informes da Presidencia: repoboacións cinexéticas, subvencións,...
- Toma de acordos sobre o prezo das invitacións.
- Rogos e preguntas
NOTA: O período voluntario de pago da cota anual remata o día 31 de xullo. A partir desta data aplicarase o recargo establecido.
Sen outro particular, e agradecendo de antemán a súa puntual asistencia, aproveito a ocasión para enviarlle un cordial saúdo.
O Pino, 22 de xullo de 2026
Asdo.: Antonio Suárez Iglesias
Presidente da Xunta Directiva da Sociedade de Cazadores "A Magdalena"