Decálogo da Seguridade na Caza

Aínda que o número de sinistros que se producen na caza é inferior aos que se producen en moitos outros deportes, debemos ser conscientes que ao empregar unha arma calquera accidente por pequeno que sexa resulta alarmante, por iso tódalas precaucións son poucas para disfrutar dunha xornada de caza segura.

A maoiría dos accidentes que se producen na actividade cinexética teñen lugar durante a acción de cazar, con maior frecuencia, e mesmo maoir dano, nos ganchos e monterías de caza maior pero tamén cando se practica a caza menor. De aí que debemos poñer especial atención extremando a prudencia e cumprindo as normas de Seguridade.

A Federación Galega de Caza lémbralle aos cazadores que "a seguridade na caza empeza por un, e a caza segura depende dun". Con esta premisa editou estas recomendacións básicas a través da campaña "Caza seguro para cazar ben", resumidas nos 10 Mandamentos do Cazador:

  1. Mante-las armas en bo estado e ben coidadas, comprobando os posibles desaxustes, desgastes, limpeza, etc.
  2. Cando se cargue ou descargue a arma dirixila cara o chan ou cara o ceo.
  3. Asegurarse antes de manipulalas, de camiño ao monte, ao saltar un valado, ao atravesar un regato, cando se transite por camiños ou zonas con risco de esvarar ou caer, de camiño cara o posto da cacería e ao seu regreso, nos descansos, ao achegarse a persoas alleas á nosa actividade, ao remata-la cacería, etc.
  4. Non quitárlle-lo seguro á arma ata o momento no que se aviste claramente que se trata dunha pezo de caza. Antes de efectua-lo disparo asegurarse que non existe ningunha persoa no campo de acción.
  5. Disparar de xeito que, no caso de faiar, a bala ou munición se espete na terra e non saia rebotada.
  6. Non disparar sobre pezas que saian en cambios de rasante, e manter especial precaución cando agardemos a que nos saia unha peza de detrás dun matorral, dunha silveira, etc. pois pode sorprendernos que é outro cazador, un transeúnte, ou un can.
  7. Respecta-las normas de seguridade establecidas: zonas de seguridade, normas dos xefes de cuadrilla, e especial atención e respecto ao resto dos compañeiros da cacería.
  8. Sinalizar temporalmente os accesos á zona de cacería, mediante sinais de "Atención Cacería"
  9. Indicar aos compañeiros, visualmente ou a través da emisora, a situación e posición.
  10. Usar chalecos ou roupa de cores vivos porque aumentan a visibilidade. En contra do que se cree popularmente as cores vivas non espantan os animais, pois estes perciben máis o movemento que a través da súa propia visión.