Licencia de Emisora

A FGC tramita para os seus federados licencias para o emprego de emisoras de radiofrecuencia para a caza. Estes son os pasos e requisitos necesarios para a solicitude destas licencias:

  • Debe estar federado: ben con unha licencia federativa ou cun documento único
  • O modelo de emisora debe atoparse dentro dos homologables para a caza, prema para ver un listado de emisoras legalizables, pero cada ano saen novos modelos homologables que non aparecen nos listados da federación. En caso de dúbida consulte á Federación antes de mercar a sua emisora.
  • Se ten unha emisora que non aparece no listado e quere comprobar se é homologable, pregámoslle se achegue ás oficinas da federación co manual de instruccións da mesma.
  • Unha vez comprobado que a sua emisora se atopa dentro das homologables debe desprazarse a algunha das oficinas da federación ca sua emisora, pois é imprescidible o nº de serie da mesma (que se atopa debaixo da batería) para a emisión da autorización.
  • Debe ter en conta que debe emitirse unha licencia da emisora por cada provincia, e ésta será válida unica e exclusivamente dentro da respectiva provincia. Se ten pensado usar a sua emisora en máis de unha provincia debe tramitar a respectiva licencia de emisora de cada provincia, mais non é necesario estar federado en cada unha delas.
  • A licencia de emisora ten un periodo de validez de un ano desde a fecha de emisión. A primeira vez que se retira debe pagarse unha cuota de alta, e a partir do seguinte ano pagará unha cuota de renovación. Contacte coa sua federación provincial para informarse dos prezos de cada unha das cuotas. Para a sua comodidade pode xestionar as licencias de emisoras de calquer provincia desde calquer delegación da FGC.