CONVOCATORIA ASEMBLEA XERAL ORDINARIA 21-05-2023
Estimado socio:
A presente é para convocalo á Asamblea Xeral Ordinaria da Sociedade de Cazadores “A Magdalena”, que se celebrará o vindeiro día 21 de maio de 2023 (domingo) ás 11:30 h. en primeira convocatoria, e ás 12:00 h. en segunda convocatoria, na Casa da Cultura de Arca, cos puntos a tratar que se detallan na seguinte
ORDE DO DÍA:
- Lectura e aprobación, se procede, da Acta da Asamblea anterior.
- Lectura e aprobación, se procede, do Estado de Contas.
- Aprobación do Plan Anual de Aproveitamento Cinexético para a tempada 2023/24.
- Toma de acordos sobre o cambio de ubicación do vedado e as zonas de adestramento de cans.
- Informes da Presidencia: repoboacións cinexéticas, subvencións, ...
- Rogos e preguntas
NOTA: O período voluntario de pago da cota anual remata o día 31 de xullo. A partir desta data aplicarase o recargo establecido.
Sen outro particular, e agradecendo de antemán a súa puntual asistencia, aproveito a ocasión para enviarlle un cordial saúdo.
O Pino, 5 de maio de 2023
Asdo.: Antonio Suárez Iglesias
Benvido á web do Tecor A Magdalena
A Sociedade de Cazadores A Magdalena de O Pino abre este espazo web coa finalidade de que se converta nun punto de información e participación dos socios do Tecor.
Neste espazo publicaránse tódalas novas que se produzcan ó redor da sociedade deportiva, ademáis da información relativa á lexislación vixente e outros puntos de interese.
Anteproxecto da Lei de Caza de Galicia
A Consellería de Medio Rural acaba de facer público o anteproxecto da nova Lei de Caza de Galicia.
Actualmente a Federación Galega de Caza está a revisar en profundidade o texto para realizar suxerencias, correccións e alegacións oportunas. Asemesmo o Tecor A Magdalena tamén estao a revisar para achegar á Federación os seus comentarios.
Xunta Directiva
O pasado mes de abril convocáronse eleccións a Presidente e Xunta Directiva da Sociedade de Cazadores A Magdalena, quedando esta composta da seguinte maneira: